Saturday 18 de May de 2024

A Mancomunidade de Ordes entrega o primeiro lote de libros do concurso ‘Rosalía verso a verso’


Esta mañá o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes entregou os premios do concurso ‘Rosalía verso a verso’, dirixido aos nenos e nenas de educación primaria e secundaria da comarca. José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, foi a persoa encargada de entregar o lote de libros á clase de 1ºA pola súa participación no vídeo máis visto na rede social Facebook en homenaxe á poeta galega. Ademais, entregoulle tamén outro lote á directora do centro pola participación do colexio. A través deste concurso quíxose estimular o uso do galego entre as xeracións máis novas, á par que se difundiu a obra de Rosalía de Castro. O dito concurso foi convocado o pasado mes de febreiro co gallo da conmemoración seu nacemento.

Outros dos colexios que tamén recibirán nos vindeiros días o seu lote de libros, cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, son: CEIP Celso Emilio Ferreiro (Cerceda), CPI Ponte Carreira (Frades), CPI Xanceda (Mesía) e CPI Viaño Pequeno (Trazo).